14/2/08

OS ARRISCADOS


O libro que vos quero recomendar é de Miguel Anxo Mouriño, titúlase OS ARRISCADOS.
Trata dun rapaz ao que lle morre o avó, co que vivira un tempo na infancia. No velorio encóntrase cun amigo daquel tempo e os dous empezan a recordar a infancia e tamén unha aventura moi emocionante.
Halcón volador 1º ESO B
O libro "Os Arriscados" é un libro de misterio, aventura e con algo de amor. Trata dunha cuadrilla de amigos ós que lles sucede unha serie de cousas moi entretidas e que penso que a todos os da nosa idade nos gustaría que nos pasase algo así e vivir emocións e aventuras dese tipo.
De todos os xeitos non foi un libro dos que máis me gustou, creo que se fai un pouco longo no sentido de que me resultou un pouco aburrido á hora de contar unha aventura, paréceme que se para demasiado na acción, ese mesmo suceso poderíase contar igual en menos páxinas e resultar máis emocionante e entretido, pois cando empeza unha aventura, logo meten cousas polo medio e cando segues outra vez con ela xa se che foi a emoción.
De todas formas eu recomendo lelo porque para gustos cores.
Mr. Push
Quérovos falar un pouco sobre o libro titulado "Os Arriscados". O seu autor é Miguel Anxo Mouriño. "Os Arriscados" é un libro no que se mestura aventura,acción e misterio. Cóntanos a historia duns nenos da nosa idade que viven un montón de aventuras, constrúen cabanas e incluso inventan un idioma propio!, pero non vos vou a dicir nada máis xa que o podedes descubrir por vós se o comprades.
É un libro que recomendo xa que a min me encantou, pero tanto o inicio como o remate non me gustaron moito. Creo que é o único malo que teño que anotar sobre este libro.Ben, e con isto remato a miña opinión. Adeus.
MIREIA 1ºESO A
Vou recomendaros un libro bastante bo, "Os Arriscados". Teño que dicir que a nosa profesora de galego, Delia, elixe uns libros moi entretidos. A min, persoalmente, gustoume máis o de "Bala Perdida", que lemos na primeira avaliación.
Recomendo este conto porque é un libro que che fai ler cada vez máis. É curto, pódese ler nun día se queres. Ademais, é moi fácil de ler, xa que non che fai coller o dicionario, e é un libro no que se fan descricións moi boas e das que se pode aprender.
Este conto, ademais, dáche un consello moi bo: dicir sempre os sentimentos de cariño ou admiración que sentes hacia alguén, xa que este libro está dedicado ao avó do protagonista, que lle axudou en moitas ocasións, e el nunca llo agredeceu.
Eu penso igual que Mr. Push, xa que a min non me gustou a forma que ten o autor de contar unha aventura. A aventura faise longa e aburrida. Empeza moi ben pero despois xa non vale nada.
De todas formas, veña, animádevos a ler este libro, que está moi ben!
David Casariego Cao - 1º E.S.O A
Recoméndovos o libro Os arriscados porque conta cousas que nós sempre quixemos facer, como ter unha cabana, un idioma secreto, resolver un misterio...
Tamén ten unha linguaxe simple, fácil de comprender, con palabras que moitas veces nós empregamos e non nos damos conta de como soan, e cando as les acórdaste de que ti tamén as usas. Anímovos a todos a que o leades, dende os máis pequenos ata o máis maiores, porque estou segura de que vos vai entusiasmar.
Eu lin o libro dúas veces e cando rematei de lelo a segunda vez dixen: “xa non o leo máis", pero agora que pasou algún tempo volvería lelo encantada.
Rebeca Fernández, 1ºA

No hay comentarios: