7/4/08

As viaxes do principe azul


"As viaxes do príncipe azul" é un libro de Darío Xohan Cabana. Trata dun rei e unha raíña que despois de sete anos de moitos traballiños día e noite non dan conseguido un príncipe herdeiro. Deciden ir á clinica "A confederacion alpina" pero alí dinlles que debe ser cousa psiquiátrica e, resignados, deciden volver ao palacio. Pasaron outros sete anos de duro traballiño día e noite pero non xurdía o milagre e o rei desesperado decide poñer no Boletin Oficial que quen lles dea unha solución concederalle un desexo. Despois duns días unha meiga dálles a solución e fai o milagre de que naza o príncipe Ceruleo, quen viaxará buscando aventuras e princesa coa que casar e suceder aos reis.


Delfin acuático.