5/3/09

OS CORREDORES DE SOMBRA


É un libro cheo de sorpresas. Podes imaxinar que pase algunha cousa e sucede xusto o contrario, aínda que pouco a pouco se van despexando as cousas.
Aínda que indica que é 1995, se non o ves non o notas porque parece actual.
A protagonista relata un dos seus veráns no pazo familiar. Critícase moito cando conta os seus encontros co rapaz que lle gusta, Miguel, e coa súa familia agora que é xa maior. A historia comeza cando nese verán atopa, nunhas reformas no pazo, un esqueleto envolto nunha alfombra. Clara (a protagonista) coa axuda de Miguel vai descubrindo cousas ata averiguar o que sucedeu.


Llorián Álvarez Villameriel 1ºA